Ás 15:15 do 13 de novembro de 2002 o petroleiro "Prestige", que navegaba fronte ás costas de Galiza, lanzaba un S.O.S. alertando das súas grandes dificultades. Á deriva durante seis días, acabou por afundir orixinando unha catástrofe ecolóxica e social sen precedentes na nosa historia.
Un ano despois seguimos á espera de que demitan os cargos públicos que coas súas decisións inapropriadas convertiron o accidente nunha traxedia para un país.
Este blog non esquece aos culpaveis da desfeita nin comparte o discurso triunfalista das autoridades, e é consciente de que desde o governo aínda non se tomou ningunha medida que poida evitar que algo así volva producirse no futuro. Seguiremos esixindo responsabilidades. Nunca Máis
#
IaRRoVaWo 13 Nov 2004 0 ComentariosLer máis...
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Anxo e Alexandre son os nomes das dúas primeiras persoas que teñen nacionalidade galega. Con esa nacionalidade figuran xa no rexistro civil e no Xulgado de Primeira Instancia Número 4 de Vigo, ademais, aceptouse publicamente esta dobre nacionalidade —españois e galegos—, exercendo así a lexislación vixente en España. Ata agora, ninguén en Galicia utilizara a posibilidade de poñer a nacionalidade galega, pero xa se deu outro caso en Cataluña, onde os recursos en contra desta especificidade foran desestimados polos xuíces. De feito, desde 1980, nunha circular da Dirección Xeral de Rexistros e Notarios, establécese que se pode facer "constar a condición de nacionalidade autonómica derivada da vecindide administrativa'' do interesado. Neste sentido, a lexislación determina que a "nacionalidade'' non se fixa polo lugar de nacemento senón, precisamente, pola "veciñanza''. A especiaficación realízase, por esta razón, no capítulo de 'Observacións' do rexistro.
Ningunha disposición legal en contra da acepción
Nin na Constitución española, nin no Estatuto de Autonomía galego nin na lexislación española sobre modelos oficiais de actas de nacemento ou nos regulamentos do Rexistro Civil se fixa norma ningunha en contra das nacionalidades autonómicas.
A notificación sobre a dobre nacionalidade de Alexandre e Anxo foi ditada o día vinte pasado e o pai dos rapaces, recollía na súa información o rotativo vigués Faro de Vigo, celebraba a decisión: "Non é moito, pero algo é'', aseguráballe.
A solicitude do pai foi realizada hai dous anos, cando acababa de nacer un dos rapaces e outro contaba catro anos. A solicitude do pai baseábase nunha resolución do ano 1996, que recoñecía a nacionalidade catalá a un bebé.
A tardaza en darlle a razón non se debeu, segundo o pai, á lentitude burocrática senón a un despiste do propio interesado "por non recoller a tempo a notificación certificada para comparecer no xulgado''.
Estaria ben facer algunha iniciativa ou algo polo estilo que informe e axude aos galegos como facer estas cousas. Así poderiamos ter oficialmente a nacionalidade galega, ainda que sexa compartindoa coa española. Así seriamos máis "chulos que un ocho".
#
IaRRoVaWo 03 Oct 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
quote (China: Morreu a última falante de nuchu, único idioma exclusivamente feminino):
A China perdeu a última mulher que falava o idioma nushu, única língua do mundo usada exclusivamente por mulheres, avança a imprensa chinesa. Com a morte da última falante desaparece também um antigo código de escrita.
Yang Huanyi morreu nos distrito de Jianyong, na província de Hunan, aos 98 anos, sem saber escrever uma palavra em chinês. Com ela extingue-se também o nushu, um código secreto usado desde há séculos pelas mulheres de algumas regiões isoladas do centro e sul da China. De acordo com os linguistas, este idioma é o único no mundo a ser usado exclusivamente por mulheres. Os seus manuscritos são extremamente raros, uma vez que eram tradicionalmente queimados ou enterrados com os mortos.
Hai tempo que non posteo no weblog, e é que non teño moito tempo. Dende que estou de vacacións sen ter que estudar nen ir a clases espertome todos os dias ás 4:00 ou 4:30 da tarde .
Para os que non o saiban, a Wikipedia é unha enciclopedia libre e de balde en que todos podemos colaborar e crear ou modicar unha entrada, non fai faia rexistrarse pra nada (se non queres) xa que todo vai por modo "wiki". A wikipedia existe en moitos idiomas, e eu colaboro na wikipedia galega. O Wikicionario é un diccionario libre e de balde en que todos podemos colaborar a crear ou modificar unha entrada, non fai faia rexistrase pra nada (se non queres) xa que todo vai por modo "wiki". O wikicionario existe en moitos idiomas, e eu colaboro no wikicionario galego.
Xa teño pensado o tema dalguns post e pór outro deseño ao weblog mais demomento non teño tempo.
Hoxe fun ver ao cine a pelicula Farenheit 9/11 de Michael Moore.
É un filme que recomendo a todos. Sorprendeme como Michael Moor puido investigar todo iso e o tonto que é Bush. Michael Moore descubriu moitas relacións entre empresas e os Bush, entre os Ben Laden e os Bush, etc. As mentiras da guerra, o que sucedeu na guerra, o porque da guerra, etc.
En serio, despois de ver o filme Bush pareceme máis cabrón e tonto do que era antes.
O profesor puxo o exame a matar. Na clase á que ia tiñamos todos os exames de recuperación dos anos anteriores e todos os seus exercicios eran similiares, có cal só estudamos os exercicios que puxera nos anteriores exames. E xusto pra este exame trocou. E non trocou un pouco os exercicios, é que o puxo a matar, Bin Laden á carón do meu profesor semella Ghandi . Parece (eu estou seguro) de que o fixo pra que ninguén aprobase.
Aínda así aprobei cun 5. Non estou seguro porque lle dixeron á miña nai que aprobei cun 5 e que fun o unico que aprobei. Depaso que teño que facer a reserva de praza vou ver a nota. Pero supoño que aprobei porque non creo que lle mintiran á miña nai xD.
En 2º vou coller a rama de ciencias con Física, Matemáticas II e Química. Nas optativas xa non sei que coller, se 2º lingua estranxeira (francés) ou introducción ás Ciencias Políticas e Socioloxia.
Din que con só asistir ás clases de Ciencias Políticas xa aprobas, ademáis o que fan durante o curso son debates e algunha vez os levan ao parlamento en Compostela. Ideoloxicamente semellome ao profesor, pero por otura banda non vou aprender nada novo e ao mellor hai que facer traballos dificiles.
O francés é util, ademáis amin gustanme aprender linguas. Vai ser máis dificil pero vou aprender algo útil. Máis ou menos creo que domino o francés de 2º de Bacherelato. As profesoras... bueno... vale... xD.
Os meus amigos... sei que un vai coller francés e outro outras optativas, outros outras ramas e outros non o sei.
Teño até o Luns pra decidir se coller francés ou ciencias políticas, e non sei cal coller .
Este mércores día 1 de setembro teño un exame de matemáticas... Estou moi nervoso... É recuperación de toda a avaliación e é moi "tungo" (como di un amigo meu). Levo indo todos os días da semana (menos sabado e domingo) a clases pola mañá, acostandome tarde e erguendome cedo, nestas vacacións non durimin nada...
A verdade é que hai cousas que durante o curso parecianme imposibeis de facer e que agora saenme ben, mais non controlo todo, de feito hai un exercicio que aínda non sei facer... Pasar de curso vou pasar igual, pero se suspendo terei que aprobala polas boas ou polas malas...
#
IaRRoVaWo 31 Aug 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Fun á Noite do Trasno . A Noite do Trasno é un festival que se celebrou en Cabo Udra (Bueu), e este foi o terceiro ano que se celebrou. A acampada e os concertos son gratis, o sitio ten praia ao lado e unha paisaxe sen igual, perfeito. Este foi o programa:
quote:
Venres 13 de Agosto 20.30 Baile tradicional a Cargo de Lembranzas da Ría 22.00 Concerto
Xochilmica (Galiza) - Folc
Ardentía (Vigo) - Folc
Terrakota (Portugal) - Reggae
Black Baudelaire (Francia) - Hip Hop
24.00 Gran Queimada
Sábado 14 de Agosto 18.00 Xogos e Obradoiros 18.00 Animación de Rúa(Clown) 19.00 Pasarrúas e actuación de cuartetos tradicionais 22.00 Concerto
Matraca Perversa (Galiza) - Troula
La Fritanga (Madrid) - Ska-Rock
La Kinky Beat (Barcelona) - RockSteady
Django FM (Madrid) - Raggamufin
Fun eu, un amigo e unha amiga. Chegamos alí despois do xantar e aínda había poucas tendas no camping. A praia que esta ao lado do camping estaba moi porca, alí atopabas de todo: algas, madeira, guantes, gaivotas mortas, plásticos, botellas, etc. Fumos a praia d'A Mourisca que está a uns centos de metros. É unha praia grande, limpa e con non moita xente, mais iso si, as pulgas son coma puños. Despois de pasar meia tarde na praia fumos á tenda e alí ficamos algún tempo. Xa pola noite fumos a ver os concertos. Eu levaba nas costas a bandeira galega coa vaca. Non macorda que grupo tocaba porque non ficamos moito vendoo, miramos os postos que había por alí, o ambiente, mercamos algunhas cousiñas, etc... E logo voltamos á tenda e alí ficamos varias horas. Cando xa estaba case durmido, fun a praia a tumbarme e mirar as estrelas. O ceo estaba completamente limpo e lonxe de calquera contaminación luminica, vianse todas as estrelas, e por se fora pouco, cadrou na época das Bagoas de San Lourenzo. Pasei máis dunha hora mirando as estrelas e as estrelas fugaces até que fun ver aos Black Baudelaire, pero só escoitei unha canción porque cando cheguei tocarón a derradeira. Voltei a praia e estiven algún tempo máis observando as estrelas fugaces e decidin quedar a durmir na praia, mais facia frio e non queria espertar aos meus amigos buscando o saco e todo iso...
O segundo día foi o mellor. Pola maña tarde fumos á praia d'A Mourisca e xantamos nun chiringuito. Despois de xantar voltamos á tenda onde pasamos meia tarde até que decidimos facer unha fogata na praia á noite. Fumos procurar leña ao monte. Eu ía con unha camisola de manga curta e un pantalon curto por camiños de toxos e silveiras, por se fora pouco levaba un bo feixe de leña e trabucamonos varias veces de camiño e tivemos que dar a volta en máis dunha ocasión. Nada máis deixar a leña na praia fun ao concerto d'A Matraca Perversa, foi XENIAL, a pena foi que ao ser o primeiro grupo non habia moita peña, pero cada vez viñan máis e eramos máis bailando. Un dos do grupo tiroume un botellín de auga ;). Despois do concerto voltei á praia a ver a fogata, non era moi grande pero ardía ben, fiquei aproximadamente unha hora alí. Despois de asegurarnos de que estaba apagada voltei aos concertos. Xa estaban cos La Kinky Beat, o concerto foi IMPRESIONANTE, non parei de brincar, cantar, bailar, chocar, pisar... durante todo o concerto. Un boisimo grupo, recomendoo. Cando rematou agardei ao seguinte grupo, Django FM. OS MELLORES, non parei de brincar, cantar, berrar, empuxar, pisar... Recomendo este grupo. Buff... sen palabras fico pra expresar estes tres concertos... Ao rematar merquei o CD dos Django FM por 6€ que contén 6 cancións, e porque non me quedaba máis diñeiro senón mercaba tamén o de La Kinky Beat. Cheguei reventado á tenda mais aínda así aínda tardei en durmir.
No terceiro día quedei durmido até tarde na tenda. Saímos de alí antes de xantar e ao chegar a casa tumbeime no sofá e espertei as 8:30pm.
Pra o proximo ano repito. Paseino XENIAL!!!
#
IaRRoVaWo 21 Aug 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::