O Weblog de IaRRoVaWo
   <language>gl</language>
Estrela Negra
Buh!
NUNCA MÁIS!
LEMBRA
Ás 15:15 do 13 de novembro de 2002 o petroleiro "Prestige", que navegaba fronte ás costas de Galiza, lanzaba un S.O.S. alertando das súas grandes dificultades. Á deriva durante seis días, acabou por afundir orixinando unha catástrofe ecolóxica e social sen precedentes na nosa historia.
Un ano despois seguimos á espera de que demitan os cargos públicos que coas súas decisións inapropriadas convertiron o accidente nunha traxedia para un país. 
Este blog non esquece aos culpaveis da desfeita nin comparte o discurso triunfalista das autoridades, e é consciente de que desde o governo aínda non se tomou ningunha medida que poida evitar que algo así volva producirse no futuro.
Seguiremos esixindo responsabilidades. 
Nunca Máis]]></description>
Nacionalidade Galega
quote (Nova tirada do xornal Galicia Hoxe):
Anxo e Alexandre son os nomes das dúas primeiras persoas que teñen nacionalidade galega. Con esa nacionalidade figuran xa no rexistro civil e no Xulgado de Primeira Instancia Número 4 de Vigo, ademais, aceptouse publicamente esta dobre nacionalidade —españois e galegos—, exercendo así a lexislación vixente en España. 
      Ata agora, ninguén en Galicia utilizara a posibilidade de poñer a nacionalidade galega, pero xa se deu outro caso en Cataluña, onde os recursos en contra desta especificidade foran desestimados polos xuíces. De feito, desde 1980, nunha circular da Dirección Xeral de Rexistros e Notarios, establécese que se pode facer "constar a condición de nacionalidade autonómica derivada da vecindide administrativa'' do interesado. Neste sentido, a lexislación determina que a "nacionalidade'' non se fixa polo lugar de nacemento senón, precisamente, pola "veciñanza''. A especiaficación realízase, por esta razón, no capítulo de 'Observacións' do rexistro. 
Ningunha disposición legal en contra da acepción
Nin na Constitución española, nin no Estatuto de Autonomía galego nin na lexislación española sobre modelos oficiais de actas de nacemento ou nos regulamentos do Rexistro Civil se fixa norma ningunha en contra das nacionalidades autonómicas. 
      A notificación sobre a dobre nacionalidade de Alexandre e Anxo foi ditada o día vinte pasado e o pai dos rapaces, recollía na súa información o rotativo vigués Faro de Vigo, celebraba a decisión: "Non é moito, pero algo é'', aseguráballe. 
      A solicitude do pai foi realizada hai dous anos, cando acababa de nacer un dos rapaces e outro contaba catro anos. A solicitude do pai baseábase nunha resolución do ano 1996, que recoñecía a nacionalidade catalá a un bebé. 
      A tardaza en darlle a razón non se debeu, segundo o pai, á lentitude burocrática senón a un despiste do propio interesado "por non recoller a tempo a notificación certificada para comparecer no xulgado''.
Estaria ben facer algunha iniciativa ou algo polo estilo que informe e axude aos galegos como facer estas cousas. Así poderiamos ter oficialmente a nacionalidade galega, ainda que sexa compartindoa coa española. Así seriamos máis "chulos que un ocho".]]></description>
Umha lingua só falada por mulheres
<description><![CDATA[Nova tirada do SAPO.
quote (China: Morreu a última falante de nuchu, único idioma exclusivamente feminino):
A China perdeu a última mulher que falava o idioma nushu, única língua do mundo usada exclusivamente por mulheres, avança a imprensa chinesa. Com a morte da última falante desaparece também um antigo código de escrita.
Yang Huanyi morreu nos distrito de Jianyong, na província de Hunan, aos 98 anos, sem saber escrever uma palavra em chinês. Com ela extingue-se também o nushu, um código secreto usado desde há séculos pelas mulheres de algumas regiões isoladas do centro e sul da China.
De acordo com os linguistas, este idioma é o único no mundo a ser usado exclusivamente por mulheres. Os seus manuscritos são extremamente raros, uma vez que eram tradicionalmente queimados ou enterrados com os mortos.
A nova em Vieiros.com e um pano escrito em nushu.
Parece que era a unica lingua falada só por mulheres. Umha pena.]]></description>
Tempo sen postear
<description><![CDATA[Hai tempo que non posteo no weblog, e é que non teño moito tempo. Dende que estou de vacacións sen ter que estudar nen ir a clases espertome todos os dias ás 4:00 ou 4:30 da tarde  . 
Cando estou no conputador estou pendente dun xogo de rol de política e colaborando na Wikipedia en galego e no Wikicionario en galego.
Para os que non o saiban, a Wikipedia é unha enciclopedia libre e de balde en que todos podemos colaborar e crear ou modicar unha entrada, non fai faia rexistrarse pra nada (se non queres) xa que todo vai por modo "wiki". A wikipedia existe en moitos idiomas,  e eu colaboro na wikipedia galega. O Wikicionario é un diccionario libre e de balde en que todos podemos colaborar a crear ou modificar unha entrada, non fai faia rexistrase pra nada (se non queres) xa que todo vai por modo "wiki". O wikicionario existe en moitos idiomas, e eu colaboro no wikicionario galego.
Xa teño pensado o tema dalguns post e pór outro deseño ao weblog mais demomento non teño tempo.]]></description>
Farenheit 9/11
<description><![CDATA[Hoxe fun ver ao cine a pelicula Farenheit 9/11 de Michael Moore.
É un filme que recomendo a todos. Sorprendeme como Michael Moor puido investigar todo iso e o tonto que é Bush. Michael Moore descubriu moitas relacións entre empresas e os Bush, entre os Ben Laden e os Bush, etc. As mentiras da guerra, o que sucedeu na guerra, o porque da guerra, etc.
En serio, despois de ver o filme Bush pareceme máis cabrón e tonto do que era antes.]]></description>
2º de Bacherelato
<description><![CDATA[O profesor puxo o exame a matar. Na clase á que ia tiñamos todos os exames de recuperación dos anos anteriores e todos os seus exercicios eran similiares, có cal só estudamos os exercicios que puxera nos anteriores exames. E xusto pra este exame trocou. E non trocou un pouco os exercicios, é que o puxo a matar, Bin Laden á carón do meu profesor semella Ghandi . Parece (eu estou seguro) de que o fixo pra que ninguén aprobase.
Aínda así aprobei     cun 5. Non estou seguro porque lle dixeron á miña nai que aprobei cun 5 e que fun o unico que aprobei. Depaso que teño que facer a reserva de praza vou ver a nota. Pero supoño que aprobei porque non creo que lle mintiran á miña nai xD.
En 2º vou coller a rama de ciencias con Física, Matemáticas II e Química. Nas optativas xa non sei que coller, se 2º lingua estranxeira (francés) ou introducción ás Ciencias Políticas e Socioloxia.
Din que con só asistir ás clases de Ciencias Políticas xa aprobas, ademáis o que fan durante o curso son debates e algunha vez os levan ao parlamento en Compostela. Ideoloxicamente semellome ao profesor, pero por otura banda non vou aprender nada novo e ao mellor hai que facer traballos dificiles.
O francés é util, ademáis amin gustanme aprender linguas. Vai ser máis dificil pero vou aprender algo útil. Máis ou menos creo que domino o francés de 2º de Bacherelato. As profesoras... bueno... vale... xD.
Os meus amigos... sei que un vai coller francés e outro outras optativas, outros outras ramas e outros non o sei.
Teño até o Luns pra decidir se coller francés ou ciencias políticas, e non sei cal coller .]]></description>
Exame de matemáticas
<description><![CDATA[Este mércores día 1 de setembro teño un exame de matemáticas... Estou moi nervoso... É recuperación de toda a avaliación e é moi "tungo" (como di un amigo meu). Levo indo todos os días da semana (menos sabado e domingo) a clases pola mañá, acostandome tarde e erguendome cedo, nestas vacacións non durimin nada...
A verdade é que hai cousas que durante o curso parecianme imposibeis de facer e que agora saenme ben, mais non controlo todo, de feito hai un exercicio que aínda non sei facer... Pasar de curso vou pasar igual, pero se suspendo terei que aprobala polas boas ou polas malas...]]></description>
A Noite do Trasno
<description><![CDATA[Fun á Noite do Trasno . A Noite do Trasno é un festival que se celebrou en Cabo Udra (Bueu), e este foi o terceiro ano que se celebrou. A acampada e os concertos son gratis, o sitio ten praia ao lado e unha paisaxe sen igual, perfeito. Este foi o programa:
quote:
Venres 13 de Agosto
20.30 Baile tradicional a Cargo de Lembranzas da Ría
22.00 Concerto
Xochilmica (Galiza) - Folc
Ardentía (Vigo) - Folc
Terrakota (Portugal) - Reggae
Black Baudelaire (Francia) - Hip Hop
24.00 Gran Queimada
Sábado 14 de Agosto
18.00 Xogos e Obradoiros
18.00 Animación de Rúa(Clown)
19.00 Pasarrúas e actuación de cuartetos tradicionais
22.00 Concerto
Matraca Perversa (Galiza) - Troula
La Fritanga (Madrid) - Ska-Rock
La Kinky Beat (Barcelona) - RockSteady
Django FM (Madrid) - Raggamufin
Fun eu, un amigo e unha amiga. Chegamos alí despois do xantar e aínda había poucas tendas no camping. A praia que esta ao lado do camping estaba moi porca, alí atopabas de todo: algas, madeira, guantes, gaivotas mortas, plásticos, botellas, etc. Fumos a praia d'A Mourisca que está a uns centos de metros. É unha praia grande, limpa e con non moita xente, mais iso si, as pulgas son coma puños. Despois de pasar meia tarde na praia fumos á tenda e alí ficamos algún tempo. Xa pola noite fumos a ver os concertos. Eu levaba nas costas a bandeira galega coa vaca. Non macorda que grupo tocaba porque non ficamos moito vendoo, miramos os postos que había por alí, o ambiente, mercamos algunhas cousiñas, etc... E logo voltamos á tenda e alí ficamos varias horas. Cando xa estaba case durmido, fun a praia a tumbarme e mirar as estrelas. O ceo estaba completamente limpo e lonxe de calquera contaminación luminica, vianse todas as estrelas, e por se fora pouco, cadrou na época das Bagoas de San Lourenzo. Pasei máis dunha hora mirando as estrelas e as estrelas fugaces até que fun ver aos Black Baudelaire, pero só escoitei unha canción porque cando cheguei tocarón a derradeira. Voltei a praia e estiven algún tempo máis observando as estrelas fugaces e decidin quedar a durmir na praia, mais facia frio e non queria espertar aos meus amigos buscando o saco e todo iso...
O segundo día foi o mellor. Pola maña tarde fumos á praia d'A Mourisca e xantamos nun chiringuito. Despois de xantar voltamos á tenda onde pasamos meia tarde até que decidimos facer unha fogata na praia á noite. Fumos procurar leña ao monte. Eu ía con unha camisola de manga curta e un pantalon curto por camiños de toxos e silveiras, por se fora pouco levaba un bo feixe de leña e trabucamonos varias veces de camiño e tivemos que dar a volta en máis dunha ocasión. Nada máis deixar a leña na praia fun ao concerto d'A Matraca Perversa, foi XENIAL, a pena foi que ao ser o primeiro grupo non habia moita peña, pero cada vez viñan máis e eramos máis bailando. Un dos do grupo tiroume un botellín de auga ;). Despois do concerto voltei á praia a ver a fogata, non era moi grande pero ardía ben, fiquei aproximadamente unha hora alí. Despois de asegurarnos de que estaba apagada voltei aos concertos. Xa estaban cos La Kinky Beat, o concerto foi IMPRESIONANTE, non parei de brincar, cantar, bailar, chocar, pisar... durante todo o concerto. Un boisimo grupo, recomendoo. Cando rematou agardei ao seguinte grupo, Django FM. OS MELLORES, non parei de brincar, cantar, berrar, empuxar, pisar... Recomendo este grupo. Buff... sen palabras fico pra expresar estes tres concertos... Ao rematar merquei o CD dos Django FM por 6€ que contén 6 cancións, e porque non me quedaba máis diñeiro senón mercaba tamén o de La Kinky Beat. Cheguei reventado á tenda mais aínda así aínda tardei en durmir.
No terceiro día quedei durmido até tarde na tenda. Saímos de alí antes de xantar e ao chegar a casa tumbeime no sofá e espertei as 8:30pm.
Pra o proximo ano repito. Paseino XENIAL!!!]]></description>
Dende Mogor a Aguete
<description><![CDATA[No Morrazo hai dúas praias que se chaman Mogor e Aguete, entre elas haberá 3kms ou máis. Eu, e os meus amigos, imos sempre a Mogor xa que é a que fica máis preto e imos a andar.
Un día fun as rochas de Mogor a "ver o que había", tiña intención de ver e voltar, pero xusto cando estaba voltando, viñeron os meus amigos e decidimos seguir. Tiñamos pensado avanzar un pouco e logo voltar, de feito, un amigo levaba unha pelota pequena que deixou no medio do camiño pra recollela "á volta". Ao principio íase moi ben, as rochas eran grandes e lisas. Despois de andar uns 10 ou 15 minutos chegamos a unha rocha onde descansamos uns minutiños pra voltar de novo a Mogor, pero pensamos "despois daquelas rochas a de estar Aguete". Seguimos adiante. Pasamos esas rochsa e aínda había máis rochas, pero pensamos "despois daquelas rochas si que esta Aguete". Seguimos adiante. Pasamos esas rochas e aínda había máis rochas, pero pensamos "despois daquelas rochas si que esta Aguete". Seguimos adiante e así unhas dúas ou tres veces máis, xa pasara unha hora e as rochas xa facía bo rato que deixaron de ser lisas pra ter landras de mar. Xa non sabiamos onde estabamos, se había máis percorrida cara atrás ou cara adiante, non tiñamos outra que seguir pra adiante. Xa non había rochas lisas, ou eran afiadas e perigosas, ou tiñan landras de mar, ou tiñan mexilóns, e aína por riba comezaba o solpor. Despois de varios kms camiñando por rochas así (os pés ficaron destrozados) decidimos ir a nado pra ver se íamos máis rapidos. Un dos meus amigos chegou sen problemas dun tirón até Aguete (máis dun km a nado), mais eu e outro amigo íamos por medio de algas. Faríamos medio kilometro a nado, porque ao ir por medio das algas non avanzas moito e cansas os brazos, ademais íamos chocando coas pernas nas rochas submarinas... Cando voltamos as rochas, seguian as rochas con landras de mar, mexilóns e afiadas, pero xa estabamos preto de Mogor porque había unha parelliña. Despois de camiñar moito porfin chegamos a Aguete! Xa de noite e moi cansos, con cortes por todas as partes do corpo e cos pés destrozados despois de iniciar esta aventura 3 horas e pico atrás. Aínda faltaba voltar a Mogor, pero esta vez pola estrada. Tardamos 10mins mais a estrada estaba mal asfaltada e quente, unha tortura pra os pés. Cando chegamos a Mogor, despois de 3 horas e pico, xa era totalmente de noite.
Dous días despois fumos pola pelota pequena e xa non estaba. Non vaiades dende Mogor a Aguete polas rochas!!!]]></description>
Xa me chegaron
<description><![CDATA[Chegoume hoxe a miña encomenda de Aduaneiros Sem Fronteiras. Eu pedinlles dúas camisolas, Turismo Rural e Fraga Controla A Túa Mente, mais, no paquete, chegoume un catálogo de Projecto Global, unha cassette de MxDxR que supoño que é de balde (o prezo non mudou) pero non abrin (non vaia se-lo demo...), a camisola de Turismo Rural e a camisola de A Ferramenta.
Mandeilles un e-mail para ver como solucionan isto, mais ainda non contestaron. Eu quero a miña camisola de Fraga .]]></description>
+ WAR + Iraq Poster Exhibition
<description><![CDATA[Atopei unha web con recopilacións de posters sobre a guerra do Iraque. Son 17 galerias e un total de 484 posters. Moitos deles son moi xeitosos e orixinais.
+ WAR + Iraq Poster Exhibition]]></description>
Camisolas
<description><![CDATA[Eu gosto de levar camisolas orixinais con debuxos ou frases. Xa teño varias e de distintas marcas, e sempre quero máis.
A que primeiro (e a unica, demomento) merquei por internet foi esta de Ropa Friki. Ropa Friki é unha tenda on-line con camisolas moi orixinais centradas basicamente na tematica dos ordenadores e o mundo que os rodea.
Que dicir de Kukuxumusu? Camisolas orixinais 100%. Teño varias (a marca da que máis teño) grazas a que en Pontevedra hai unha tenda que as distribue. Os de kukuxumusu (bico de pulga en basco) teñen máis cousas cos seus deseños como panos, carcasas pro mancontro, reloxios, etc.
Projecto Global ten camisolas con mensaxe (o que máis) e de grupos como Inadaptats ou Fermín Muguruza. Teño dúas camisolas súas.
En Pontevedra naceu unha tenda de camisolas moi orixinais con tematica de Galiza, chamada Rei Zentolo. Teño dúas camisolas, unha verde cun "Mu" branco con manchas negras no peito e outra negra cun debuxo dunha cara berrando e un texto que di: Aturuxo = Berro Festivo.
Nicetrip é a tenda que fixo a famosa vaca galega na bandeira galega. Teño unha camisola súa: laranxa con tres pementos, dous teñen un NON enriba e outro un SI (Pementos de Padrón, uns pican e outros non). Polo que vin en Compostela, teñen camisolas moi orixinais.
Outra tenda de camisolas galega é Once Varas. Teñen camisolas moi orixinais, aínda que non teño nigunha teño ganas de mercar algunhas cantas.
Unha camisola moi popular o 25-X en Compostela foi a de unha vaca dandolle unha patada no cu ao touro de Osborne (patadanokù). Esa camisola (eu xa a teño) é de Fento. Aínda non teñen a web no ar pero din que a teran nuns días.
Unha tenda con camisolas orixinais e con mensaxe é Bonita Camiseta. Non teño ningunha pero teñen boa pinta.
Estudiad Malditos permiteche facer a túa camisola dende internet, só tes que pór unha frase que queiras con moitos tipos de letra, algun debuxiño e podes comprala. Non o provei, pero sempre estas limitado á hora de deseñar.
Por suposto, non me esquezo de Aduaneiros Sem Fronteiras que xa teñen á venda camisolas cos seus deseños. Eu xa pedin dous, "Turismo Rural" e "Fraga controla a túa mente". Xa pasarón 15 días e aínda non chegaron, espero que non tarden máis días.
A min gustariame facer os meus propios deseños, de feito, eu e máis un amigo temos un proxecto parado (e sen empezar) de facer unha tenda on-line de camisolas. Teño que informarme de como podo pasar a camisola os meus deseños e tamén de todo o que preciso pra facer unha tenda on-line.]]></description>
RSS e Bloglines
<description><![CDATA[O meu weblog xa esta sindicado en RSS. Agora podedes estar ao tanto dos meus posts sen entrar aqui.
Xa de paso creei unha conta en bloglines, aínda esta baleira pero irei enchendoa paseniño.
RSS
Bloglines]]></description>
Armstrong fai historia no ciclismo
<description><![CDATA[Este xa é o sexto Tour que gaña o estadounidés Lance Armstrong. É o mellor ciclsita atualmente e gañou o Tour con certa facilidade, grazas a que Beloki non participou (aínda non se recuperou por completo da caida do ano pasado), e Iban Mayo caeu nas primeiras etapas e perdeu moitos minutos (logo retirouse, pero xa o tiña perdido). Ullrich non puido con Armstrong, e ao meu parecer non o tentou moito. O segundo e o terceiro clasificados deseguro que non se esperaban acabar neses postos antes de se iniciar o Tour de France, polo que non houbo moita competencia pra Lance.
Armstrong é o seu equipo, o U.S. Postal, recebeu aplausos e abucheos por parte do público nas etapas. Eu coido que os abucheos non os merecia, é simplemente o mellor e por iso gaña, aínda que tivo accións pouco deportivas ao meu parecer como o de gañarlle unha etapa a un escapado no derradeiro metro ou escaparse do pelotón xusto cando outro ciclista se escapou pra que non poida escaparse.
En difinitiva, o Tour gañouno o mellor e iso que o fixo cun ovo de menos  .]]></description>
25 de xullo, Día da Patria Galega
<description><![CDATA[O Día de Galiza estiven en Compostela, na mani do BNG, xa por costume, coa miña bandeiriña e sacando algunhas fotos... Nos discursos, estivo xenial Rubén, membro de  Galiza Nova, e o de Quintana xa se fixo longo. Despois xantei na carballeira e logo funme a xogar ao futbol no campo de hoquei erva (este foi o primeiro ano (de tantos xa...) que non nos botaron!), e a ver os postos que había por alí.
Gustariame ir á manifa que organizaron, despois de xantar, os da VA-CA, Aduaneiros Sem Fronteiras e FREAC, mais acabome de enterar de que se fixo lendo A Bitacora de Turzi.
Coido que foi menos xente co ano pasado, era previsíbel, moita calor, ano santo, moita xente... Por favor, trocade o Día de Galiza pra outro día no que non faga tanta calor ou moita choiva. Ou senón, que Deus poña unhas nubeciñas pra tapar o sol na Praza da Quintana e no campo de hoquei  .
Cheguei a casa cargado de cousas que merquei: un CD de música de Galiza Nova titulado "Música Pola Liberdade dos Pobos", unha bandeira galega cunha vaca rubia negra no medio emulando ao touro na bandeira española, unha toalla de Nunca Máis, unha camisola con tres pementos, en dous deles poñen NON en outro SI (os pementos de padrón, uns pican e outros non), outra camisola da Selecçom Galega, e outra camisola que tiña moita xente e se chama "patadanokù" e aparece unha vaca cunha GZ dandolle unha patada no cu ao touro de Osborne.
Cando pase as fotos ao ordenador publicarei algunhas por aqui.
Alguen viu algo da mani nos telediarios?]]></description>
Estou vivo, non me pasou nada ;)
<description><![CDATA[Non, non me pasou nada  , tardei tanto en postear por dous motivos, un que durante un mes ou máis non tiven internet e outro a preguiza  . O por que estiven sen internet xa o expliquei no meu outro weblog,  Linux e Windows e o da preguiza... é que son moi preguiceiro  .
Nestes meses sen postear aconteceron varias cousas:
Fun ao  Foro da Verdade de Nunca Máis en Pontevedra, fun á fase de ascenso do Pontevedra, e xa estamos en segunda! Quedoume matematicas, mais espero sacala en setembro. Fun á  Netgame Caixanova e pillei 65gbs que gravei en 80 e pico CDs  . O Tour gañouno Armstrong, é o mellor, pero seria mellor que tivese máis competencia, pena de Beloki e Mayo.
Maña, polas horas que son xa é hoxe, é o meu santo (25 de xullo), aínda que eu non son relixioso, si celebro os santos, polo dos regalos  ...
Vemonos todos o 25 en Santiago.]]></description>