weblog · arquivo · info · ligazóns · rss


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Praia icon Dende Mogor a Aguete
No Morrazo hai dúas praias que se chaman Mogor e Aguete, entre elas haberá 3kms ou máis. Eu, e os meus amigos, imos sempre a Mogor xa que é a que fica máis preto e imos a andar.

Un día fun as rochas de Mogor a "ver o que había", tiña intención de ver e voltar, pero xusto cando estaba voltando, viñeron os meus amigos e decidimos seguir. Tiñamos pensado avanzar un pouco e logo voltar, de feito, un amigo levaba unha pelota pequena que deixou no medio do camiño pra recollela "á volta". Ao principio íase moi ben, as rochas eran grandes e lisas. Despois de andar uns 10 ou 15 minutos chegamos a unha rocha onde descansamos uns minutiños pra voltar de novo a Mogor, pero pensamos "despois daquelas rochas a de estar Aguete". Seguimos adiante. Pasamos esas rochsa e aínda había máis rochas, pero pensamos "despois daquelas rochas si que esta Aguete". Seguimos adiante. Pasamos esas rochas e aínda había máis rochas, pero pensamos "despois daquelas rochas si que esta Aguete". Seguimos adiante e así unhas dúas ou tres veces máis, xa pasara unha hora e as rochas xa facía bo rato que deixaron de ser lisas pra ter landras de mar. Xa non sabiamos onde estabamos, se había máis percorrida cara atrás ou cara adiante, non tiñamos outra que seguir pra adiante. Xa non había rochas lisas, ou eran afiadas e perigosas, ou tiñan landras de mar, ou tiñan mexilóns, e aína por riba comezaba o solpor. Despois de varios kms camiñando por rochas así (os pés ficaron destrozados) decidimos ir a nado pra ver se íamos máis rapidos. Un dos meus amigos chegou sen problemas dun tirón até Aguete (máis dun km a nado), mais eu e outro amigo íamos por medio de algas. Faríamos medio kilometro a nado, porque ao ir por medio das algas non avanzas moito e cansas os brazos, ademais íamos chocando coas pernas nas rochas submarinas... Cando voltamos as rochas, seguian as rochas con landras de mar, mexilóns e afiadas, pero xa estabamos preto de Mogor porque había unha parelliña. Despois de camiñar moito porfin chegamos a Aguete! Xa de noite e moi cansos, con cortes por todas as partes do corpo e cos pés destrozados despois de iniciar esta aventura 3 horas e pico atrás. Aínda faltaba voltar a Mogor, pero esta vez pola estrada. Tardamos 10mins mais a estrada estaba mal asfaltada e quente, unha tortura pra os pés. Cando chegamos a Mogor, despois de 3 horas e pico, xa era totalmente de noite.

Dous días despois fumos pola pelota pequena e xa non estaba. Non vaiades dende Mogor a Aguete polas rochas!!!



# IaRRoVaWo 13 Aug 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Camisolas icon Xa me chegaron
Chegoume hoxe a miña encomenda de Aduaneiros Sem Fronteiras. Eu pedinlles dúas camisolas, Turismo Rural e Fraga Controla A Túa Mente, mais, no paquete, chegoume un catálogo de Projecto Global, unha cassette de MxDxR que supoño que é de balde (o prezo non mudou) pero non abrin (non vaia se-lo demo...), a camisola de Turismo Rural e a camisola de A Ferramenta.

Mandeilles un e-mail para ver como solucionan isto, mais ainda non contestaron. Eu quero a miña camisola de Fraga crying.



# IaRRoVaWo 03 Aug 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Guerra icon + WAR + Iraq Poster Exhibition
Atopei unha web con recopilacións de posters sobre a guerra do Iraque. Son 17 galerias e un total de 484 posters. Moitos deles son moi xeitosos e orixinais.

Vector23 - geephlat -


+ WAR + Iraq Poster Exhibition



# IaRRoVaWo 02 Aug 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Camisolas icon Camisolas
Eu gosto de levar camisolas orixinais con debuxos ou frases. Xa teño varias e de distintas marcas, e sempre quero máis.

A que primeiro (e a unica, demomento) merquei por internet foi esta de Ropa Friki. Ropa Friki é unha tenda on-line con camisolas moi orixinais centradas basicamente na tematica dos ordenadores e o mundo que os rodea.

Que dicir de Kukuxumusu? Camisolas orixinais 100%. Teño varias (a marca da que máis teño) grazas a que en Pontevedra hai unha tenda que as distribue. Os de kukuxumusu (bico de pulga en basco) teñen máis cousas cos seus deseños como panos, carcasas pro mancontro, reloxios, etc.

Projecto Global ten camisolas con mensaxe (o que máis) e de grupos como Inadaptats ou Fermín Muguruza. Teño dúas camisolas súas.

En Pontevedra naceu unha tenda de camisolas moi orixinais con tematica de Galiza, chamada Rei Zentolo. Teño dúas camisolas, unha verde cun "Mu" branco con manchas negras no peito e outra negra cun debuxo dunha cara berrando e un texto que di: Aturuxo = Berro Festivo.

Nicetrip é a tenda que fixo a famosa vaca galega na bandeira galega. Teño unha camisola súa: laranxa con tres pementos, dous teñen un NON enriba e outro un SI (Pementos de Padrón, uns pican e outros non). Polo que vin en Compostela, teñen camisolas moi orixinais.

Outra tenda de camisolas galega é Once Varas. Teñen camisolas moi orixinais, aínda que non teño nigunha teño ganas de mercar algunhas cantas.

Unha camisola moi popular o 25-X en Compostela foi a de unha vaca dandolle unha patada no cu ao touro de Osborne (patadanokù). Esa camisola (eu xa a teño) é de Fento. Aínda non teñen a web no ar pero din que a teran nuns días.

Unha tenda con camisolas orixinais e con mensaxe é Bonita Camiseta. Non teño ningunha pero teñen boa pinta.

Estudiad Malditos permiteche facer a túa camisola dende internet, só tes que pór unha frase que queiras con moitos tipos de letra, algun debuxiño e podes comprala. Non o provei, pero sempre estas limitado á hora de deseñar.

Por suposto, non me esquezo de Aduaneiros Sem Fronteiras que xa teñen á venda camisolas cos seus deseños. Eu xa pedin dous, "Turismo Rural" e "Fraga controla a túa mente". Xa pasarón 15 días e aínda non chegaron, espero que non tarden máis días.

A min gustariame facer os meus propios deseños, de feito, eu e máis un amigo temos un proxecto parado (e sen empezar) de facer unha tenda on-line de camisolas. Teño que informarme de como podo pasar a camisola os meus deseños e tamén de todo o que preciso pra facer unha tenda on-line.



# IaRRoVaWo 30 Jul 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
IaRRoVaWo icon RSS e Bloglines
O meu weblog xa esta sindicado en RSS. Agora podedes estar ao tanto dos meus posts sen entrar aqui.

Xa de paso creei unha conta en bloglines, aínda esta baleira pero irei enchendoa paseniño.

RSS
Bloglines



# IaRRoVaWo 28 Jul 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Ciclismo icon Armstrong fai historia no ciclismo
Este xa é o sexto Tour que gaña o estadounidés Lance Armstrong. É o mellor ciclsita atualmente e gañou o Tour con certa facilidade, grazas a que Beloki non participou (aínda non se recuperou por completo da caida do ano pasado), e Iban Mayo caeu nas primeiras etapas e perdeu moitos minutos (logo retirouse, pero xa o tiña perdido). Ullrich non puido con Armstrong, e ao meu parecer non o tentou moito. O segundo e o terceiro clasificados deseguro que non se esperaban acabar neses postos antes de se iniciar o Tour de France, polo que non houbo moita competencia pra Lance.

Armstrong é o seu equipo, o U.S. Postal, recebeu aplausos e abucheos por parte do público nas etapas. Eu coido que os abucheos non os merecia, é simplemente o mellor e por iso gaña, aínda que tivo accións pouco deportivas ao meu parecer como o de gañarlle unha etapa a un escapado no derradeiro metro ou escaparse do pelotón xusto cando outro ciclista se escapou pra que non poida escaparse.

En difinitiva, o Tour gañouno o mellor e iso que o fixo cun ovo de menos wink.



# IaRRoVaWo 26 Jul 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Galiza icon 25 de xullo, Día da Patria Galega
O Día de Galiza estiven en Compostela, na mani do BNG, xa por costume, coa miña bandeiriña e sacando algunhas fotos... Nos discursos, estivo xenial Rubén, membro de Galiza Nova, e o de Quintana xa se fixo longo. Despois xantei na carballeira e logo funme a xogar ao futbol no campo de hoquei erva (este foi o primeiro ano (de tantos xa...) que non nos botaron!), e a ver os postos que había por alí.

Gustariame ir á manifa que organizaron, despois de xantar, os da VA-CA, Aduaneiros Sem Fronteiras e FREAC, mais acabome de enterar de que se fixo lendo A Bitacora de Turzi.

Coido que foi menos xente co ano pasado, era previsíbel, moita calor, ano santo, moita xente... Por favor, trocade o Día de Galiza pra outro día no que non faga tanta calor ou moita choiva. Ou senón, que Deus poña unhas nubeciñas pra tapar o sol na Praza da Quintana e no campo de hoquei tongue.

Cheguei a casa cargado de cousas que merquei: un CD de música de Galiza Nova titulado "Música Pola Liberdade dos Pobos", unha bandeira galega cunha vaca rubia negra no medio emulando ao touro na bandeira española, unha toalla de Nunca Máis, unha camisola con tres pementos, en dous deles poñen NON en outro SI (os pementos de padrón, uns pican e outros non), outra camisola da Selecçom Galega, e outra camisola que tiña moita xente e se chama "patadanokù" e aparece unha vaca cunha GZ dandolle unha patada no cu ao touro de Osborne.

Cando pase as fotos ao ordenador publicarei algunhas por aqui.

Alguen viu algo da mani nos telediarios?



# IaRRoVaWo 26 Jul 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
IaRRoVaWo icon Estou vivo, non me pasou nada ;)
Non, non me pasou nada smile, tardei tanto en postear por dous motivos, un que durante un mes ou máis non tiven internet e outro a preguiza tongue. O por que estiven sen internet xa o expliquei no meu outro weblog, Linux e Windows e o da preguiza... é que son moi preguiceiro tongue.

Nestes meses sen postear aconteceron varias cousas:
Fun ao Foro da Verdade de Nunca Máis en Pontevedra, fun á fase de ascenso do Pontevedra, e xa estamos en segunda! Quedoume matematicas, mais espero sacala en setembro. Fun á Netgame Caixanova e pillei 65gbs que gravei en 80 e pico CDs laughing. O Tour gañouno Armstrong, é o mellor, pero seria mellor que tivese máis competencia, pena de Beloki e Mayo.

Maña, polas horas que son xa é hoxe, é o meu santo (25 de xullo), aínda que eu non son relixioso, si celebro os santos, polo dos regalos wink...

Vemonos todos o 25 en Santiago.



# IaRRoVaWo 25 Jul 2004 0 Comentarios
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

<< Anterior 1 2 Seguinte >>

IaRRoVaWo'S CReaTioNS · CuteNews · CopyLeft