weblog · arquivo · info · ligazóns · rss


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Galiza icon Nacionalidade Galega
quote (Nova tirada do xornal Galicia Hoxe):

Anxo e Alexandre son os nomes das dúas primeiras persoas que teñen nacionalidade galega. Con esa nacionalidade figuran xa no rexistro civil e no Xulgado de Primeira Instancia Número 4 de Vigo, ademais, aceptouse publicamente esta dobre nacionalidade —españois e galegos—, exercendo así a lexislación vixente en España.
Ata agora, ninguén en Galicia utilizara a posibilidade de poñer a nacionalidade galega, pero xa se deu outro caso en Cataluña, onde os recursos en contra desta especificidade foran desestimados polos xuíces. De feito, desde 1980, nunha circular da Dirección Xeral de Rexistros e Notarios, establécese que se pode facer "constar a condición de nacionalidade autonómica derivada da vecindide administrativa'' do interesado. Neste sentido, a lexislación determina que a "nacionalidade'' non se fixa polo lugar de nacemento senón, precisamente, pola "veciñanza''. A especiaficación realízase, por esta razón, no capítulo de 'Observacións' do rexistro.

Ningunha disposición legal en contra da acepción

Nin na Constitución española, nin no Estatuto de Autonomía galego nin na lexislación española sobre modelos oficiais de actas de nacemento ou nos regulamentos do Rexistro Civil se fixa norma ningunha en contra das nacionalidades autonómicas.

A notificación sobre a dobre nacionalidade de Alexandre e Anxo foi ditada o día vinte pasado e o pai dos rapaces, recollía na súa información o rotativo vigués Faro de Vigo, celebraba a decisión: "Non é moito, pero algo é'', aseguráballe.

A solicitude do pai foi realizada hai dous anos, cando acababa de nacer un dos rapaces e outro contaba catro anos. A solicitude do pai baseábase nunha resolución do ano 1996, que recoñecía a nacionalidade catalá a un bebé.

A tardaza en darlle a razón non se debeu, segundo o pai, á lentitude burocrática senón a un despiste do propio interesado "por non recoller a tempo a notificación certificada para comparecer no xulgado''.

Estaria ben facer algunha iniciativa ou algo polo estilo que informe e axude aos galegos como facer estas cousas. Así poderiamos ter oficialmente a nacionalidade galega, ainda que sexa compartindoa coa española. Así seriamos máis "chulos que un ocho".





# IaRRoVaWo 03 Oct 2004 0 Comentarios Galiza
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Nome ou alcume:
Web ou e-mail:

Emoticóns

smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 

| Esquecer

IaRRoVaWo'S CReaTioNS · CuteNews · CopyLeft