Fun á Noite do Trasno . A Noite do Trasno é un festival que se celebrou en Cabo Udra (Bueu), e este foi o terceiro ano que se celebrou. A acampada e os concertos son gratis, o sitio ten praia ao lado e unha paisaxe sen igual, perfeito. Este foi o programa:
quote:
Venres 13 de Agosto 20.30 Baile tradicional a Cargo de Lembranzas da Ría 22.00 Concerto
Xochilmica (Galiza) - Folc
Ardentía (Vigo) - Folc
Terrakota (Portugal) - Reggae
Black Baudelaire (Francia) - Hip Hop
24.00 Gran Queimada
Sábado 14 de Agosto 18.00 Xogos e Obradoiros 18.00 Animación de Rúa(Clown) 19.00 Pasarrúas e actuación de cuartetos tradicionais 22.00 Concerto
Matraca Perversa (Galiza) - Troula
La Fritanga (Madrid) - Ska-Rock
La Kinky Beat (Barcelona) - RockSteady
Django FM (Madrid) - Raggamufin
Fun eu, un amigo e unha amiga. Chegamos alí despois do xantar e aínda había poucas tendas no camping. A praia que esta ao lado do camping estaba moi porca, alí atopabas de todo: algas, madeira, guantes, gaivotas mortas, plásticos, botellas, etc. Fumos a praia d'A Mourisca que está a uns centos de metros. É unha praia grande, limpa e con non moita xente, mais iso si, as pulgas son coma puños. Despois de pasar meia tarde na praia fumos á tenda e alí ficamos algún tempo. Xa pola noite fumos a ver os concertos. Eu levaba nas costas a bandeira galega coa vaca. Non macorda que grupo tocaba porque non ficamos moito vendoo, miramos os postos que había por alí, o ambiente, mercamos algunhas cousiñas, etc... E logo voltamos á tenda e alí ficamos varias horas. Cando xa estaba case durmido, fun a praia a tumbarme e mirar as estrelas. O ceo estaba completamente limpo e lonxe de calquera contaminación luminica, vianse todas as estrelas, e por se fora pouco, cadrou na época das Bagoas de San Lourenzo. Pasei máis dunha hora mirando as estrelas e as estrelas fugaces até que fun ver aos Black Baudelaire, pero só escoitei unha canción porque cando cheguei tocarón a derradeira. Voltei a praia e estiven algún tempo máis observando as estrelas fugaces e decidin quedar a durmir na praia, mais facia frio e non queria espertar aos meus amigos buscando o saco e todo iso...
O segundo día foi o mellor. Pola maña tarde fumos á praia d'A Mourisca e xantamos nun chiringuito. Despois de xantar voltamos á tenda onde pasamos meia tarde até que decidimos facer unha fogata na praia á noite. Fumos procurar leña ao monte. Eu ía con unha camisola de manga curta e un pantalon curto por camiños de toxos e silveiras, por se fora pouco levaba un bo feixe de leña e trabucamonos varias veces de camiño e tivemos que dar a volta en máis dunha ocasión. Nada máis deixar a leña na praia fun ao concerto d'A Matraca Perversa, foi XENIAL, a pena foi que ao ser o primeiro grupo non habia moita peña, pero cada vez viñan máis e eramos máis bailando. Un dos do grupo tiroume un botellín de auga ;). Despois do concerto voltei á praia a ver a fogata, non era moi grande pero ardía ben, fiquei aproximadamente unha hora alí. Despois de asegurarnos de que estaba apagada voltei aos concertos. Xa estaban cos La Kinky Beat, o concerto foi IMPRESIONANTE, non parei de brincar, cantar, bailar, chocar, pisar... durante todo o concerto. Un boisimo grupo, recomendoo. Cando rematou agardei ao seguinte grupo, Django FM. OS MELLORES, non parei de brincar, cantar, berrar, empuxar, pisar... Recomendo este grupo. Buff... sen palabras fico pra expresar estes tres concertos... Ao rematar merquei o CD dos Django FM por 6€ que contén 6 cancións, e porque non me quedaba máis diñeiro senón mercaba tamén o de La Kinky Beat. Cheguei reventado á tenda mais aínda así aínda tardei en durmir.
No terceiro día quedei durmido até tarde na tenda. Saímos de alí antes de xantar e ao chegar a casa tumbeime no sofá e espertei as 8:30pm.
Pra o proximo ano repito. Paseino XENIAL!!!
#
IaRRoVaWo 21 Aug 2004 0 Comentarios
A Noite do Trasno
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::